O MAIO DO SEIS

A primeira semana deste mes de maio, celebramos a festa dos maios no cole. Creamos o noso maio, con flores, xestas, laranxas, etc. que trouxeron os nenos e nenas e engadimos unhas preciosas bolboretas feitas nas aulas. Quedou chulísimo! Despois cantámoslle unhas coplas para quitar todos os males. Tedes un exemplo na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1L1UGcCgN_JyatQNEWWayCejxNIoidsjm/view?usp=sharing

Polo correo do vento. Letras galegas 2021. Xela Arias.

Esta semana tivemos a sorte de ter no cole a actuación de «Polo correo do vento», que cun contacontos, un ilustrador, un músico e unha intérprete de lingua de signos, contáronnos a historia de Xela Arias, homenaxeada neste Día das Letras Galegas 2021. Ademais ensináronnos a debuxala, foi xenial!

Con todas as medidas de seguridade pódense facer actividades moi enriquecedoras para os nosos nenos e nenas! Grazas a ANPA do Ceip Seis do Nadal por apoiar e levar a cabo estas iniciativas!

BAILANDO NO SEIS

Despois dun curso moi intenso a nivel persoal coidando e disfrutando do pequeno Roi, volto ao cole con moitas gañas.

Imos traballar cousiñas de baile, porque como sabedes este curso estamos «Bailando con saúde no Seis». Así que toca aprender bailes do mundo, bailes da nosa terra, un pouquiño de historia do baile e mover o esqueleto! Estades preparados???

https://es.padlet.com/opentagramamaxico/vuum5p5c8bzrfxl2

Preséntovos este PADLET cunha serie de actividades que iremos traballando nas aulas.

Moito ánimo, saúde e a bailar!!!