Concerto de trombón na aula de música

A semana pasada tivemos no cole un concerto de trombón a cargo do profe de trombón do Conservatorio de Vigo e do noso marabilloso alumno Andrés. Foi estupendo! Aprendimos moito sobre o instrumento e escoitamos en vivo a súa música! Unha experiencia única! Moitas grazas artistas!

Abril…o mes dos libros! Cantamos contos!

Abril é o mes do libro…A maxia dos contos é infinita , o amor pola lectura nos máis pequenos lógrase cun » traballo» diario na casa e na escola, imitando modelos, mantendo hábitos, lendo antes de durmir, cantando os contos, interpretando os contos… E mergullarse nas historias é unha experiencia marabillosa… Para a inauguración da nosa biblioteca do Seis » Atlas dos soños» , creamos esta canción e videoclip que seguimos cantando:

#libros #contos #abril #díadolibro #VideoclipABibliotecadoSeis

25 N 2023

O lema escollido este curso para o DÍA PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER foi, relacionado co Proxecto do curso «OSeisMedia»: «Nos medios de comunicación a igualdade é a única opción».

O luns 27 de novembro, celebramos un acto conxunto cantando e bailando a canción «Tribo», do grupo «A banda da loba».

Na seguinte ligazón podedes ver o vídeo:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cepseisdonadal/node/617

Samain 23 no Seis

Xa está aquí o Samaín! Estas semanas na aula de música creamos en grupo historias de medo musicadas e gravámolas. Podedes ver o resultado no blog do Fiadeiro do Seis coa ligazón na páxina web do cole,

https://ofiadeirodoseis.blogspot.com/2023/10/historias-de-medo-musicadas.html?m=1

#Samaín23

https://youtu.be/r8jxHyxgCK4

#historiasdemedo #músicademedo #oseismediaestudios #ceiplurilingüeseisdonadal https://www.instagram.com/p/Cy9GTNbt3Tl/?igshid=MTc4MmM1YmI2Ng==

A RIANXEIRA

Este fin de curso algúns nenos e nenas están aprendendo a mítica canción galega «A RIANXEIRA». Aprendemos a letra e analizamos a partitura: o compás de tres por catro, contamos compases, facemos a estructura da canción, aprendemos as notas e a tocamos coa flauta e o xilófono.

A continuación tedes o vídeo de youtube para estudiala coa flauta na casa e outro vídeo para cantala. Moito ánimo!

https://www.youtube.com/watch?v=op82ifXP6xY